AMPOS, en colaboración con CCOO, lanza unha caixa de correos anónima para recoller denuncias sobre irregularidades na contratación, condicións laborais e de saúde nas orquestras. Este espazo seguro garante a confidencialidade de quen reporte situacións inxustas. Nos casos en que se dispoña de datos suficientes, trasladaranse as denuncias á Inspección de Traballo para a súa investigación.
Se o “Estado da denuncia” é “necesítase máis información” pique sobre a ligazón “Introducir información requirida”. No formulario solicitaráselle o número da denuncia.
You are not allowed to view this content.
PROTECCIÓN DE DATOS.-De conformidade con Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos de carácter persoal do formulario non serán obxecto de tratamento algún por parte do AMPOS, sendo utilizados exclusivamente para a planificación e desenvolvemento das actuacións inspectoras pertinentes.